VILLARDA: Cómpren dous paus, un grande e outro pequeno. Petábase no pequeno para que saltara.
RAIA: Faise un cadro con seis casiñas. Sáltase a pata coxa empurrando unha pedra plana, sen pisar as liñas que separan as casiñas.
BONECAS: As bonecas facíanse con pelo de millo verde e vestíanse con trapiños.
BOTELLA: Cómpre un aro de metal atado a unha corda e a corda a un pau. Débese atinar co aro no pescozo da botella.
TIRACROIOS: Un pau con forma de forquito, unha goma e... a tirar.
XOGOS con materiais naturais como follas de castiñeiro, canas de bambú ou varas de salgueiro, facían as delicias dos máis pequenos.