O noso Proxecto Interdisciplinar

 Proxecto Interdisciplinar  non é unha materia propiamente en si  senón que é un achegamento de forma conxunta a tódalas materias en forma de tema globalizador, que non só permita o tránsito da educación primaria a secundaria, desenvolvendo  as competencias básicas.

Poderíamos elexir numerosos temas pero  decantámonos polo  aprendizaxe significativo e decidimos plantexarlles ao alumnado traballar o seguinte tema: "Coñece a túa comarca: A Ulloa", onde ademáis de traballar en grupo as diferentes áreas a través dun traballo de investigación, o alumnado investigaría sobre temas que  coñece, como xeografía, arte e etnografía da Ulloa, descubrindo un mundo de tradicións que forma parte do seu ser.


             OBXECTIVOS DO PROXECTO
  1.   Coñecer e aplicar a Guía “Como elaborar e presentar traballos escritos”. Desenvolver a competencia para aprender a aprender.
  2. Decatarse do entorno xeográfico, histórico, social, cultural e relixioso. Desenvolver a competencia no coñecemento e interacción co medio físico.
  3.  Traballar en grupo. Desenvolver a competencia social e cidadana Búsqueda e tratamento da información. Desenvolvemento da competencia de tratamento da información e competencia dixital.
            CONTIDOS
  1. Xeografía Física. Mapas, ríos, montes, núcleos de poboación, habitantes…
  2.  Historia e Arte. Monumentos, persoeiros, acontecementos....
  3. Etnografía. Usos e costumes. Lendas, festas...
  4.  Música. Cantigas populares, agrupacións musicais…..
  5.  Relixión. Parroquias, romerías, santuarios, cruceiros, relixiosidade popular….
  6.  Economía. Actividade empresarial, actividade agrícola-gandeira...
  7.  Frora e Fauna da Ulloa.  Animais e prantas da Comarca.
          MEDOLOXÍA. Dous grupos, dous profesores, dúas formas de traballar que se complementan.

    Proxecto Interdisciplinar lévase a cabo en 1º A e B, os seus profesores trataron un mesmo tema dende dúas perspectivas diferentes pero complementarias, 1º A, titoreado por Ana De Azevedo, que presta máis atención ao traballo de campo, a búsqueda de información a través de entrevistas e información oral, que logo deberán de contrastar consultando diversas fontes bibliográficas.

   Miguel Rico titor de 1º B, parte do material elaborado polo equipo de bibliotecas, Como realizar traballos escritos que vos presentamos a continuación:

 


  O formato de presentación  dos traballos varía; o alumnado de 1º A opta por presentar os traballos en formato informático para poder editar este blog, e 1º B   realiza os seus traballos en forma de grandes libros construídos con cartoliñas.
  Ámbolos dous grupos realizan mapas en relevo para situar os diferentes pobos e accidentes xeográficos da comarca.
 E finalmente tódolos traballos formarán parte dun exposición que levará o mesmo título que o proxecto: Coñece a túa comarca.
 O Proxecto Interdisciplinar conta ademais ca colaboración de outros Departamentos, como CCNN, que se enacargará de seleccionar a frora e a fauna da comarca e do Departamento de Arte Plástica co que están elaborando o mapa en relevo, os gravados da frora e fauna, os carteis identificativos en galego, castelán e latín, dos animais e frores, e os carteis publicitarios da Ulloa.