viernes, 10 de junio de 2011

XOGOS TRADICIONAIS

                          
VILLARDA:  Cómpren dous paus, un grande e outro pequeno. Petábase no pequeno para que saltara.

RAIA:  Faise un cadro con seis casiñas. Sáltase a pata coxa empurrando unha pedra plana, sen pisar as liñas que separan as casiñas.

BONECAS:  As bonecas facíanse con pelo de millo verde e vestíanse con trapiños.

BOTELLA:  Cómpre un aro de metal atado a unha corda e a corda a un pau. Débese atinar co aro no pescozo da botella.

TIRACROIOS:  Un pau con forma de forquito, unha goma e... a tirar.

XOGOS con materiais naturais como follas de castiñeiro, canas de bambú ou varas de salgueiro, facían as delicias dos máis pequenos.

QUE SABES DA ULLOA?

 O alumnado propuxo as seguintes preguntas sobre a Ulloa:

1.- Que dous produtos gastronómicos destacan na comarca?


2.- En que concello ulloano se atopa o Castelo de Pambre?

3.- E a Torre  de Amarante?

4.- Quen gañou o rally 2011 da comarca da Ulloa?

5.- Que concello ulloano alberga un centro peninteciario?

6.- Que curso leva o río Ulla polas terras da Ulloa?

7.- En que monte seoanense se atopan os famosos petroglifos?

8.- En que lugar nace o río Ulla?

9.- A que ducado pertence a Torre de Penas?

10.- Que parroquia monterrosina atravesa o Camiño de Santiago francés?

11.- A que poeta monterrosino lle foi dedicado o ano das Letras Galegas?

12.- En que lugar da parroquia monterrosina de Ligonde se atopa o cruceiro máis emblemático do camiño francés?

lunes, 23 de mayo de 2011

FALANDO CON SOLEDAD, de 103 anos de idade.

Lendas de cando ela era pequeña.
Polo camiño da Somoza había dúas minas, unha de petróleo e a outra de ouro. A xente dicía que se se chegase a abrir a mina de petróleo, habería unha grande explosión.




No Castelo de Castro de Amarante, había un pasadizo que chegaba ao monte do Farelo. Para comprobalo, meteron un capón nel, e poideron comprobar que, efectivamente, chegou ao pico do monte Farelo.
Tamén se dicía que estando unha muller coas cabras no monte, saíulle un porco polo pasadizo, e “fixo as súas necesidades” aos seus pés, feito que a anoxou moito.
Un home que pasaba por alí díxolle que a recollera. A muller, anque anoxada, fíxolle caso e, para o día seguinte, atopouse cun montón de ouro.






Na época de Soledad
O cura Luna era o secretario do rei. Un home moi bo que, polas noites ensinaba aos maiores, aprendéndolles a ler e a escribir, axudado pola profesora Cristina que se ocupaba dos nenos da escola durante o día.

viernes, 29 de abril de 2011

Horreos da Ulloa

Un dos alumnos de 1º interesouse polos horreos da Ulloa, que como sabedes é unha construcción agrícola destinado a secar , curar e gardar o millo e outros cereais antes de desgranalos e moelos.
No seu pobo  hai  varios horreos sen datar, así que adicouse a a maioría así que buscouse a sacar fotos e preguntar no pobo a data de construcción.

Horreos de 200 anos:


Horreos de 100 anos:

                                                                         

Horreos de 60 e 65 anos:

Horreo de 35 anos:

martes, 26 de abril de 2011

Entrevista a un luthier

Entrevistamos ó Lutier Pablo Cid Peiteado, veciño da parroquia de Senande en Antas de Ulla.


Canto tempo dura a fabricación dunha zanfonas?


Dependendo do número de zanfonas que fabrique. Quizais nun mes fabrico seis zanfonas.


Con que tipo de madeira se fabrican as zanfonas?


Madeiras brandas e non resinosas para as tapas (cedro, abeto). Madeiras duras para aros e fondo (nogueiras, pau santo, cerdeira).


Onde consegues a madeira?


En empresas especializadas de venta de madeira para a fabricación de instrumentos.

Cales son as partes principais dunha zanfona?

Caixa harmónica, roda, teclado, clavixeiro, cordal, ponte,veo (manubrio).

Como dobras a madeira?

Con calor e humidade. Aínda que antigamente dobrábase cos tubos das estufas.

Onde vendes as zanfonas?

Normalmente fabrícoas por encargos.

Se queres ter máis información a cerca de Pablo Cid so tes que entrar na súa páxina web: Pablo Cid Zanfonas.

Cruceiros

Na comarca da Ulloa hai unha grande cantidade de Cruceiros. Se houbera que esoller un sen dúbida que sería o de Lameiros, no Camiño de Santiago, na parroquia de Ligonde.

domingo, 24 de abril de 2011

Entrevista ao Secretario da Asociación de pescadores da Ulloa (Monterroso)



A pesca xunto ca caza é un dos deportes máis practicados na zoa da Ulloa. E por iso que uns dos nosos alumnos que soe sair a pescar elexiu facer unha entrevista a un directivo dunha asociación de pesca:

CANTO DURA A TEMPADA DE PESCA?
No intensivo e sen morte empeza o 20 de marzo e acaba o 30 de setembro.
No coto normal empeza o 20 de marzo e acaba o15 de agosto


CANTOS SOCIOS HAI NA ASOCIACIÓN?
Hai aproximadamente 600 socios.


ENTRE QUE IDADES?
Entre os 5 anos a 92 anos


QUE TIPOS DE COTOS HAI?
 Coto de Monterroso, coto de Antas de Ulla, coto intensivo, coto sen morte


CAL É O TAMAÑO MINÍMO DAS TROITAS?
17 cm no coto de Monterroso e 19 no resto de cotos


EN QUE DATAS SE PODE PESCAR?
Todos os dias da semana menos luns e xoves (sempre cando non sexan festivos nacionais ou autonómicos), para todos os cotos.
No libre todos os dias menos os luns (sempre cando non sexa festivo nacional ou autonómico)

sábado, 23 de abril de 2011

Os Nubeiros

A mitoloxía popular galega atribúe aos " Nubeiros", tamén chamados "Tronantes" , a creación das tormentas e pedrisco. Hai quen di que son persoas normales, que poseen estranos poderes, pero polas terras de Palas de Rei aseguran que son uns homes pequenos, de dous palmos de alto, co corpo cuberto de pelo e un rabo longo e retorcido, a os que lles gustan sobre todos os días calurosos para facer as súas travesuras, subíndose as nubes e ocasionando fortes tornentas estivais, entre outras tranadas. Os "esconxuros" e o son das campás poden obrigar os nubeiros a irse a outro sitio.
Pero os nubeiros tamén teñen días malos, foi un día deses cando o cura da parroquia aprobeitou para libarse deles. O cura, dándose conta de que o nubeiro quería facer das súas, armouse de paciencia e comezou a ler libros en latín e a votar bendicións dun lado para outro.  Despois de dúas horas rogando, conseguíu que o Nubeiro baixara, facéndolle poñerse de xeonllos cabeza abaixo para pedir perdón por todo o dano que había feito. Así foi como, tras ordearlle que non volvera a facer das súas onde se oiran as campás daquela parroquia, o Nubeiro desapareceu.

" Lugo y sus comarcas". El progreso.

O castelo de Sirgal

Unha das lendas que se coñece sobre este misterioso castelo refirese a un sepulcro que se atopa no antigo cemiterio de Sirgal, na ladeira do Castro, no que se levantou en tempos esta antiga fortaleza. Na lousa de granito que cubre o sepulcro acumúlase a auga da choiva e conta a lenda que toda esa auga queda incorrupta todo o ano. Ao parecer os veciños tiñan unha gran fe  nela e o día de San Xoan ían  lavarse a pila do Castro. Reuníanse tamén alí os mozos do pobo para celebrar a máxica noite de San Xoan.

Lenda do camiño de Santiago

Pola comarca da Ulloa trascurre a 5ª etapa do camiño francés (Palas de Rey-Arzúa 26 km), e tamén io relixiosos e místico garda lendas e segredo coma esta.
Conta a lenda que Xulián, un soldado, matou por erro aos seus pais. Arrepentido, adicouse a atención de peregrinos en un hospital xunto coa súa muller, ata que, un día un anxo visitouno para comunicarlle o perdón divino.

viernes, 22 de abril de 2011

Rianxeira

Dentro das cancións populares que se cantaban nos festexos ou labores agrícolas da zoa está Rianxeira, que pese a non ser da zoa é unha peza coñecida e interpretada en toda Galicia.


cancións populares. Rianxeira. from Alumnado da Ulloa on Vimeo.

As rapaciñas de Antas

Dentro das cancións populares da comarca da Ulloa podemos atopar verdadeiras xoias como esta canción que fai referencia as rapazas de Antas.


cancións populares: As rapaciñas de Antas. from Alumnado da Ulloa on Vimeo.
Ala vai o gaiteiro
por detrás do pinar
vai tocando na gaita
ai! Deixalo pasar.

Ai! Deixalo pasar
ai! Deixalo pasar
ala vai o gaiteiro
por detrás do pinar.

Non son unha
que son todas
 as rapaciñas de Antas.
Non son unha
que son todas
poñen dous pares de medias
“pa” face-las pernas gordas
“pa” face-las pernas gordas.
Ai lalelo ai lalalo.

Ala vai o gaiteiro
por detrás do pinar
vai tocando na gaita
ai! Deixalo pasar.

Ai! Deixalo pasar
ai! Deixalo pasar
ala vai o gaiteiro
por detrás do pinar.

Sonche de moito palique
as rapaciñas de Antas
sonche de moito palique.
Elas botan o anzuelo,
se queren picar que piquen
se queren picar que piquen.
Ai lalelo ai lalalo.

Ala vai o gaiteiro
por detrás do pinar
vai tocando na gaita
Ai! Deixalo pasar.

Ai! Deixalo pasar
Ai! Deixalo pasar
ala vai o gaiteiro
por detrás do pinar.

O San Francisco do Castro

As canción populares tamén son comúns na nosa comarca cantábanse nas reunións, festas, e traballos agrícolas, como as mallas.

Os nosos alumnos/as encargaronse de non so de recoller a letras delas senón tamén de contar ca colaboración dunha veciña da Ulloa que nos interpreta ditas cancións:


Cancións populares: O San Francisco do Castro from Alumnado da Ulloa on Vimeo.


O San Francisco do Castro
bota viño do ribeiro.
O San Francisco do Castro
bota viño do ribeiro.
E nos “pra” poder cantar
e nos “pra” poder cantar
temos que beber primeiro.
E nos “pra” poder cantar
e nos “pra” poder cantar
temos que beber primeiro

martes, 19 de abril de 2011

Lendas de moros e meigas.

A nosa tradición oral está chea de lendas, de tesouros agochados, de camiños enmeigados, e ilamas en pena que petan de noite na nosa porta para non deinos durmir pero si facernos soñar.

Son varios os alumnos/as que recollen a lenda sobre  castro de Amarante que vos contamos a continuación:


Dicían que no Castro de Amarante , a igrexa  estaba, ou que está, enriba dun castro. E contaban que debaixo da igrexa, no tempo dos moros había tres minas: unha de ouro, unha de prata e outra de alquitrán.
 Se algún día alguén as descubría e as quería sacar de alí, poderían pasar unha gran desgracia xa que; se estaba a de ouro e por debaixo a de prata ben, pero se era a de alquitrán a que se atopaba por arriba ou polo medio ao querer quitar calquera das outras , ou as dúas, podería  prenderse lume e arder todo,a igrexa e todo o que houbera ao arredor, incluído o pobo.

 

Untitled from Alumnado da Ulloa on Vimeo.

Interesante historia, pero coidado! non so se agochan tesoros detrás das nosas árbores, podédevos atopar con meigallos de bruxas xusticeiras protectoras do amor sinceiro, polo tanto, sede bos.


Untitled from Alumnado da Ulloa on Vimeo.

Cancións populares


cancións populares from Alumnado da Ulloa on Vimeo.



cancións populares from Alumnado da Ulloa on Vimeo.



cancións populares from Alumnado da Ulloa on Vimeo.

Lenda sobre o castelo de Amarante.

A labor de reporteiros do noso alumnado non ten precio, neste video relátasenos a historia de tradición oral sobre castelo de Amarante, interesantísimo, non credes?


O castelo de Arante from Alumnado da Ulloa on Vimeo.

Iria tamén recolleu estas dúas historias no seguinte documento:


 Dicían que no castelo de Amarante había un túnel por debaixo del, que seica chegaba á cima do Monte Farelo; e contaban que botaban un galo á noitiña.Entón á mañá cedo chegaba o galo á cima do Farelo e cando saía o sol cantáballes a todos para que se espertaran e se levantaran.E despois volvía outra vez baixar polo túnel e chegaba ao castelo de novo.

.......................................................................................................

 
Nese mesmo castelo dicían que cando había unha persoa que facía un roubo, mataba a alguén , pegáballe ou o que fora , cando ía a Garda Civil para pillalo , se agarraba ao caravillón da porta do castelo  xa non o podían arrestar ,tiñan que deixalo libre de cárcere, pero quedaría  baixo as ordes dos donos do castelo traballando  para eles, conservando a súa liberdade , podía andar por fora ,por onde el quixera, sempre que se mantivera dentro dos límites do castelo.

lunes, 18 de abril de 2011

Basset grifón vendeano

O can demáis de o mellor amigo do home tamén pode ser un excelente compañeiro de caza é por iso que adicamos unha entrada as diferentes razas de cans que se empregan para cazar.


 Beagle
Este beagle, mostra as cores branco, marrón e negro propios da súa raza. Popular como can de caza e doméstico, crese que procede do século XVI en Inglaterra. Soe cazar en xauría guiándose polo olfato. Extremadamente tenaz na súa persecución de coellos e outras pezas, é moi cariñoso e sociable como can doméstico.








Setter irlandés
Dende fai moito tempo, o setter irlandés é un excelente can de caza, sobre todo de aves. Anque é  algo difícil de amaestrar óprincipio, é obediente e leal unha vez conseguido. O seu temperamento animoso e cariñoso explican a súa popularidade como animal de compañía.




























                                          Cocker americano
O cocker americano é un antiguo can de caza e pode que o seu nome proceda da sua presa principal, a  perdiz . Os cazadores  apreciano pola sua intelixencia e obediencia, cualidades que han hecho de él un popular perro doméstico.





























Basset grifón vendeano
O basset grifón vendeano é un tipo de basset de espeso e hirsuto pelaxe criado en Francia. Ten un excelente sentido do olfato e é un hábil rastreador e cazador de aves e animais de caza menor.



Cotos de caza na Ulloa

Na comarca da Ulloa tamén hai varios cotos de caza  con elevado número de socios, onde poden cazar caza maior e menor, como podedes comprobar na entrevista realizada a dous  nembros de dous cotos da Ulloa.
    
Como se chama o coto? A Ulloa.

Como se chama o presidente? Fernando Rois Rois.

Canto custa? 150 euros por temporada

Cantos membros hay no coto? Hai 600 membros

Que días se vai cazar? xoves , sábados , domingos, e festivos

Que se pode cazar? Coellos ,lebres ,perdices ,arceas ,raposos ,corzos ,xabaríns ,faisáns.

Cal é a caza menor? Coellos ,lebres ,perdices ,arceas ,raposos ,faisáns.

Cal é a caza mayor? Corzos ,xabaríns.
....................................................................................................................................................................


Como se chama o coto? Caxigueiras

Como se chama o presidente? Francisco Diéguez Sobrado

Canto costa? Caza menor 60 euros
                       Caza maior 100 euros

Cantos membros hay no coto? Hai  198 membros

Que días se vai cazar? xoves , sábados , domingos, e festivos

Que se pode cazar? Coellos ,lebres ,perdices ,arceas ,raposos ,corzos ,xabaríns ,faisáns.

Cal é a caza menor? Coellos ,lebres ,perdices ,arceas ,raposos ,faisáns.

Cal é a caza mayor? Corzos ,xabaríns.

A caza e pesca na Ulloa. Entrevista a Armería Álvarez.

 Na Ulloa hai unha gran tradición de caza, por iso podemos atopar en Monterroso a Armería Álvarez, que  estendeu a súa actividade  empresarial  dentro e fóra de Galicia,  na Coruña, unha tenda e outras dúas en Madrid, anque tamén fan numerosas ventas   por Internet como nos contan na seguinte entrevista:

-Canto tempo levan  niste negocio?
“Dende o ano 1962”
-Cantas tendas teñen máis?
“Unha en Coruña e dúas en Madrid”
-Adícanse a máis deportes que a caza e a pesca?
“Tamén nos adicamos a: náutica, esquí, golf, equitación , submarinismo y padel”
-En que deportes venden máis?
-“En caza”
-Cal é o deporte máis caro?
-“O golf e o esquí”
-A xente leva a indumentaria correcta cando practica estes deportes?
“Practicamente si”
-Venden por internet?
-“Si, a nosa páxina e´:http://www.a-alvarez.com/"
-Que se vende máis por internet ou por venta directa?
“Máis ou menos”
-Que artigos son os máis vendidos?
“Accesorios e escopetas”
-A  tenda funciona por socios?
“si”
-Que vantaxes ten?
“Descontos, portes gratis, ofertas especiais”
-Fan algún tipo de licencias?
“Si, de caza e de pesca”
-Dan algún cursiño?
“En Madrid si: de golf, de pesca e caza etc”

Os queixos da Ulloa. A Diqueixa


      Diqueixa é una empresa familiar que traballa só con leite de vaca. Fai dous tipos de queixo: Arzúa Ulloa e Arzúa Ulloa Curado, que os exportan por toda España, especialmente en Madrid e Barcelona.
     Os queixos frescos sácanos ó mercado despois de oito días, e os curados despois de tres meses de curación.
       Despois dunha tempada traballando cos queixos concedéronlle a denominación de orixe no ano 2000.

O pan da Ulloa

     Ademáis doutros productos, a Ulloa ten sona de facer o mellor pan de Galicia, recoñecido e apreciado mesmo fóra das nosas fronteiras, nas que se vende, despois dun largo traxecto percorrido polos panadeiros (Asturias, Pais Vasco, León, Zamora,…)
   As empanadas ( de carne, liscos con chourizo, bacalao con pasas,…) e o pan (de fariña do país, centeo,…) amasado con agarimo e cocido en fornos de leña, ao estilo tradicional, fan deste primitivo alimento un  ben moi preciado e un modo de vida de moitas familias da comarca.
   Hai trece panaderías que, sen descanso, fornean a diario ao tempo que xeran riqueza de emprego, pois, anque son negocios familiares, precisan de traballadores.
   As máis antigas na arte de facer pan son: a Panadería Coego, en Monterroso, a Panadería Modesto, en Antas e a Panadería Fraga, en Palas.
   Non faltan nas feiras da nosa xeografía o pan e o queixo da Ulloa, o polbo (Monterroso ten una afamada pulpería: A Esmorga) e, para regar todo isto, un bo viño da Ribeira Sacra, comarca veciña da ulloana.  

O pazo de Vilane

                                        
   A empresa Pazo de Vilane surxe ante a demanda nos supermercados das cidades , de ovos campeiros.
Ponse en marcha a primeira granxa en Vilane , Antas de Ulla , baixo a atenta mirada dos donos do Pazo do mesmo nome . Hoxe teñen cuarenta mil galiñas , que poñen unha media de setecentos cincuenta mil ovos o mes , que se comercializan na comunidade e fóra dela en grandes áreas como El Corte Inglés , Alcampo , Carrefour , Gadis ... Na actualidade contan con quince empleados e están en período de crecemento .

Granxa Maruxa. Unha vida diferente.

   Na comarca da Ulloa e ao pé dun robledal centenario, atravesado por un río, a GRANXA MARUXA, no lugar de Cumbraos( Monterroso), ofrece a posibilidade ao viaxeiro de disfrutar dun concepto de explotación agropecuaria absolutamente diferente.
  Coa filosofía de introducir “ a arte na corte”, as instalación decoráronse con pinturas fortes e alegres, orixinais composicións e espacios de ocio, en armonía coa profunda beleza da paisaxe, buscando un ambiente que invite ao relax tanto de persoas como das reses en liberdade.
    AS VACAS
   Para alcanzar a excelencia na calidade do leite, é imprescindible cuidar ao máximo a alimentación e o hábitat do gando, que dispón de 25 Ha. de terreo onde pode pastar libremente e disfrutar dunhas cómodas instalación con camas de área e música ambiental, diseñado para albergar a 56 vacas, novillas e adultas.
   A alimentación é cen por cen ecolóxica, sin ningún tipo de abono químico ou pesticida ( dende o 5 de marzo de 2009, teñen CERTIFICACIÓN DE LEITE ECOLÓXICO)
   As vacas son verdadeiras fábricas, a calidade da sua leite ten una relación directa co seu grao de benestar, para iso reciben un trato individualizado, co seu propio nome e , mesmo, cun padriño ou madriña, que son informados periódicamente sobre a súa evolución, entre eles hai persoeiros tan coñecidos como Alaska, Uxía Blanco ou Bebe.
   Todo isto, unido á inmensa riqueza dos pastos, convirte en posible o irrepetible sabor das MARUXAS DE NATA.
Galletas totalmente ecolóxicas, de elaboración caseira, feitas con fariña de trigo ecolóxico con xermen, nata de producción ecolóxica, das vacas da granxa e azúcar de caña, de cultivo ecolóxico, procedente de Paraguai.
Comercialízanse en máis de cen puntos de venda: Alacante, Valencia, Santander, Sevilla, Asturias, Ponferrada, Andorra e Alemaña, ademáis de en toda a Comunidade.
Para a venda destas galletas, o sempre sorprendente deseñador, Fermín del Amo, conseguiu crear un acolledor espazo, baixo un fermoso “porche” de madeira, obra do artista Jorge López Penoucos, no que se utilizaron elementos que caracterizan a construcción tradicional galega: pedra con madeiras nobles coma o castaño, roble ou fresno, combinados cunha estructura amplamente vanguardista.
A tenda constitúe un maravilloso escaparate da variada produtividade artística e artesanal da comarca da Ulloa: licores tradicionais,mel natural, artesanía en plata e coiro, collages,… ademáis das sabrosas “ Maruxas de nata”.



Se queredes saber máis so tedes que entrar na sú páxina web, http://www.granxamaruxa.com/, onde poderedes atopar entrevistas, repostaxes, fotos e moitos máis.

INDUSTRIA DO MÁRMOL

       Un dos sectores máis prósperos da industria de Monterroso é a industria da pedra da cal podemos destacar dúas empresas:
  • Mármores Salgado
        Traballan a pedra dende hai medio século.Esta empresa ,que traballa con moita variedade de   pedras, pero,principalmente ,pedra do país e pedra morena .Teñen canteiras propias de pedra do pais. Mármoles Salgado da emprego a catro persoas que traballan suelos, encimeras, revestimentos, sendo a súa especialidade  a arte funeraria .Exportan , dende Monterroso, os seus traballos a toda a comunidade.

  • Mármoles Industrial de Monterroso S.A.
    É unha empresa con ampla experiencia na extracción de pedra e granito ornametal.                                  
Ten unha canteira propia da que se extrae a variedade de silvestre S. Xosé , transformada e manipulada nos  seus talleres coa maquinaria mais avanzada.

As feiras

  Dende hai varios séculos, as feiras moven a economía dos concellos da nosa Comunidade, e, na Ulloa especialmente pois celebrábanse, cinco feiras mensuais, os días 1 e 13 en Monterroso, o 10 en Antas e o 7 e o 19 en Palas. Na actualidade viven tres, anque Monterroso conserva os mercados en sustitución da feira do día 13.
  Pero a dinamización da comarca ven marcada pola “feira das feiras”, a feira de Santos, o día 1 de novembro, que conta cunha antiguedade recoñecida de 500 anos, anque é probable que teña máis. A afluencia de xente está garantizada, dende  moitos lugares, as transacións comerciais son amplas e rigurosas e as relacións persoais estreitanse ante uns bos pratos de polbo e unhas cuncas de ribeiro.
  Por todo isto, a feira de Santos acaba de ser declarada Festa de Galicia de Interese Turístico, paso previo para poder adquirir o galardón a nivel nacional.
  DATAS DAS FEIRAS
·        Antas de Ulla:  día 10 de cada mes.
·        Palas de Rei:  día 19 de cada mes.
·        Monterroso:  día 1 . Tamén se celebran mercados o 2º e o 4º domingo de cada mes.
Hai unha curiosidade neste último concello, cada feira ten un nome  dependendo do mes no que se celebre ou do producto máis vendido: a de ano novo, a das cereixas, a dos fouciños, a dos bicos, a de santos, a de san Andrés, a do cebolo,…
Dende hai 25 anos, vense facendo no mes de febreiro unha feira de carácter comarcal: a Feira do Queixo Da Ulloa, para exaltar iste producto, con denominación de orixe. A feira é multisectorial, anque o queixo sexa o “protagonista”. Cada ano é uns dos concellos da Ulloa o anfitrión do evento .

Paseando pola Ulloa

 No corazón de Galicia, ao SE da provincia de Lugo, atópase a COMARCA DA ULLOA, por onde discurre un bo tramo do Camiño de Santiago, e onde se conserva un dos máis emblemáticos cruceiros do Camiño, o dos Lameiros, que nunha cara ten esculpida a efixie de Cristo, e no reverso, a imaxe da Virxe das Dores.
   Seguindo a senda, chégase a Vilar de Donas, onde queda en pé a igrexa que formou parte dun mosteiro, patrimonio dos Arias Pérez, da casa de Sirgal, en Monterroso e que, según os expertos, é o mellor monumento románico da comarca, configurada polos concellos de Antas de Ulla, Palas de Rei e Monterroso.
   Cunha extensión de 417’87 Km2 e una población de 10.635 habitantes, que se ve considerablemente aumentada nos meses de estío, pola volta dos ulloanos residentes fóra e polos turistas que se achegan a disfrutar das súas belezas, A Ulloa ten unha paisaxe de cores verdes e pardos que recubren pastizales e soutos de gran valor ecolóxico, conservando centenarios castiñeiros,unha das señas de identidade da comarca e que se están a potenciar, actualmente,con novas plantacións.
   Dentro da riqueza paisaxística cómpre, tamén, sinalar as ribeiras do Ulla e Pambre. Seus cursos de auga, sinuosos e apacibles nalgún tramo do seu percorrido e salvaxes nos rápidos (torrentes de Mácara), crean enclaves dunha beleza singular e de gran riqueza troiteira que fai as delicias de centos de pescadores chegados de moitos puntos do país para gozar ou competir nas artes da pesca.
   Conta a nosa comarca cun patrimonio histórico-artístico espectacular, petroglifos, mámoas, dolmens, castros,… conviven armónicamente co románico das numerosas igrexas e coas torres-fortaleza – hai unha en cada concello ulloano-  de Amarante, en Antas de Ulla; Penas, en Monterroso e a máis preciada xoia: o Castelo de Pambre, en Palas de Rei.
   Sen dúbida, dende a Idade Media, contribuiu a esta riqueza artística o discurrir do Camiño de Santiago.
   A singularidade da paisaxe e a calidade da gastronomía ulloana serviron tamén de semente para o nacemento de grandes obras literarias como Los pazos de Ulloa, de dona Emilia Pardo Bazán; os fermosos versos ao monte Cairón, do galardoado nas nosas Letras: Lorenzo Varela; a beleza poética do crego don Teolindo Cortiñas Toural ou os versos adicados ao xamón de don Ramón Otero Pedrayo, dan boa conta disto.
  Imos, pois, mergullarnos na nosa comarca, nas súas feiras, nas súas xentes, nas súas lendas,… para coñecela mellor e disfrutala.

Para ir facendo boca podedes ver este video que a Área de Deputación Provincial de Lugo ten colgado na páxina  www.lugoterra.com


Se entramos na páxina de cada concello atopamos máis polo miudo arte, gastronomía, turismo, economía,lecer, ....
Concello de Monterroso.http://www.monterroso.es/
Concello de Antas de Ulla. http://www.concellodeantas.org/
Concello de Palas de Rei. http://www.palasderei.org/