A Ulloa

 No corazón de Galicia, ao SE da provincia de Lugo, atópase a COMARCA DA ULLOA, por onde discurre un bo tramo do Camiño de Santiago, e onde se conserva un dos máis emblemáticos cruceiros do Camiño, o dos Lameiros, que nunha cara ten esculpida a efixie de Cristo, e no reverso, a imaxe da Virxe das Dores.
   Seguindo a senda, chégase a Vilar de Donas, onde queda en pé a igrexa que formou parte dun mosteiro, patrimonio dos Arias Pérez, da casa de Sirgal, en Monterroso e que, según os expertos, é o mellor monumento románico da comarca, configurada polos concellos de Antas de Ulla, Palas de Rei e Monterroso.
   Cunha extensión de 417’87 Km2 e una población de 10.635 habitantes, que se ve considerablemente aumentada nos meses de estío, pola volta dos ulloanos residentes fóra e polos turistas que se achegan a disfrutar das súas belezas, A Ulloa ten unha paisaxe de cores verdes e pardos que recubren pastizales e soutos de gran valor ecolóxico, conservando centenarios castiñeiros,unha das señas de identidade da comarca e que se están a potenciar, actualmente,con novas plantacións.
   Dentro da riqueza paisaxística cómpre, tamén, sinalar as ribeiras do Ulla e Pambre. Seus cursos de auga, sinuosos e apacibles nalgún tramo do seu percorrido e salvaxes nos rápidos (torrentes de Mácara), crean enclaves dunha beleza singular e de gran riqueza troiteira que fai as delicias de centos de pescadores chegados de moitos puntos do país para gozar ou competir nas artes da pesca.
   Conta a nosa comarca cun patrimonio histórico-artístico espectacular, petroglifos, mámoas, dolmens, castros,… conviven armónicamente co románico das numerosas igrexas e coas torres-fortaleza – hai unha en cada concello ulloano-  de Amarante, en Antas de Ulla; Penas, en Monterroso e a máis preciada xoia: o Castelo de Pambre, en Palas de Rei.
   Sen dúbida, dende a Idade Media, contribuiu a esta riqueza artística o discurrir do Camiño de Santiago.
   A singularidade da paisaxe e a calidade da gastronomía ulloana serviron tamén de semente para o nacemento de grandes obras literarias como Los pazos de Ulloa, de dona Emilia Pardo Bazán; os fermosos versos ao monte Cairón, do galardoado nas nosas Letras: Lorenzo Varela; a beleza poética do crego don Teolindo Cortiñas Toural ou os versos adicados ao xamón de don Ramón Otero Pedrayo, dan boa conta disto.
  Imos, pois, mergullarnos na nosa comarca, nas súas feiras, nas súas xentes, nas súas lendas,… para coñecela mellor e disfrutala.