lunes, 18 de abril de 2011

As feiras

  Dende hai varios séculos, as feiras moven a economía dos concellos da nosa Comunidade, e, na Ulloa especialmente pois celebrábanse, cinco feiras mensuais, os días 1 e 13 en Monterroso, o 10 en Antas e o 7 e o 19 en Palas. Na actualidade viven tres, anque Monterroso conserva os mercados en sustitución da feira do día 13.
  Pero a dinamización da comarca ven marcada pola “feira das feiras”, a feira de Santos, o día 1 de novembro, que conta cunha antiguedade recoñecida de 500 anos, anque é probable que teña máis. A afluencia de xente está garantizada, dende  moitos lugares, as transacións comerciais son amplas e rigurosas e as relacións persoais estreitanse ante uns bos pratos de polbo e unhas cuncas de ribeiro.
  Por todo isto, a feira de Santos acaba de ser declarada Festa de Galicia de Interese Turístico, paso previo para poder adquirir o galardón a nivel nacional.
  DATAS DAS FEIRAS
·        Antas de Ulla:  día 10 de cada mes.
·        Palas de Rei:  día 19 de cada mes.
·        Monterroso:  día 1 . Tamén se celebran mercados o 2º e o 4º domingo de cada mes.
Hai unha curiosidade neste último concello, cada feira ten un nome  dependendo do mes no que se celebre ou do producto máis vendido: a de ano novo, a das cereixas, a dos fouciños, a dos bicos, a de santos, a de san Andrés, a do cebolo,…
Dende hai 25 anos, vense facendo no mes de febreiro unha feira de carácter comarcal: a Feira do Queixo Da Ulloa, para exaltar iste producto, con denominación de orixe. A feira é multisectorial, anque o queixo sexa o “protagonista”. Cada ano é uns dos concellos da Ulloa o anfitrión do evento .

No hay comentarios:

Publicar un comentario